Asociación de Nais e Pais do Alumnado do Colexio Divino Maestro Santiago de Compostela
A Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA) do Colexio CPR Divino Maestro é unha asociación sen ánimo de lucro, formada por nais e pais de alumnos e alumnas do centro. O seu obxectivo é participar na súa xestión, representando ás familias, para contribuír a mellorar o colexio dos nosos fillos e fillas. O ANPA conta cun representante no Consello Escolar, órgano que fai un seguimento do funcionamento do colexio e os seus servizos, velando para que no noso centro cúmpranse as condicións dunha educación de calidade.
A asociación está aberta a todas as familias con fillos e fillas que estudan no colexio. A vosa implicación é moi importante, xa que cantos mais pais e nais participen de forma activa no ANPA obteremos mellores resultados.
A cuota por curso escolar é de 30 € por familia (pago único).
Atopa a información na páxina web da ANPA: https://anpadmfesantiago.com/
A Asociación réxese por uns estatutos aprobados pola Asemblea Xeral. O seu funcionamento é democrático e os seus principais órganos de goberno son:
PRECISAMOS DA TÚA AXUDA
Anímate a colaborar activamente no ANPA
PARTICIPA NA SÚA XESTIÓN
Porque as familias temos unha enorme responsabilidade no proceso educativo que compartimos cos centros escolares e coas institucións da contorna.
Porque no proceso de formación dos alumnos e alumnas resulta imprescindible a participación activa de toda a comunidade educativa.
Porque a implicación das nais e pais na educación axuda a mellorala e supón un elemento de calidade ao sistema educativo.
Porque xuntos sumamos.