Comunicado do centro.
Prezadas familias:
O motivo deste comunicado é trasladarvos tranquilidade. Sabemos da preocupación de toda a Comunidade Educativa ante as incertezas de cara ao comezo do curso escolar 2020/21. Esta é unha mensaxe de confianza, na medida do posible. Estamos a traballar deseñando os protocolos que rexerán a vida no centro, seguindo as instruccións marcadas pola Consellería de Educación, que aínda poden variar antes do día 1 de setembro. A partir da semana que ven iremos facéndovos chegar toda a información ao respecto.
En todo caso, xa vos podemos trasladar que estamos a adquirir os materiais necesarios e a implementar as medidas oportunas para que, dadas as circunstancias, poidamos empezar as clases coa máxima normalidade e seguridade posible. Espérannos meses difíciles e complicados. Coa colaboración e boa vontade de todos esperamos sacar o curso adiante.
Grazas pola confianza depositada e a axuda desinteresada.
Unha aperta.