O Museo de Historia Natural (MHN) da USC comeza hoxe unha programación de obradoiros para o confinamento.
A partir de hoxe comeza unha programación de Obradoiros para o confinamento dispoñibles na web do Museo de Historia Natural (mhn) da USC e nas súas redes sociais:
"Estes días poden chegar a ser moi complicados, en especial para os máis pequenos das casas. Así, desde o MHN queremos aportar a nosa colaboración e presentar estas actividades dirixidas aos nenos e nenas da familia. Cada publicación contén unha actividade manual, unha ficha informativa e preguntas sobre o tema a tratar. Animamos tamén a todos a enviar unha fotografía dos seus traballos para compartir nas nosas redes sociais".
Todas as actividades estarán dispoñibles para descargar na web de MHN en formato PDF. A primeira das actividades xa está dispoñible e a podes descargar dende aquí: