Divino Maestro Santiago - español   Divino Maestro Santiago - galego
+34 981 522 289
LLámanos de Lunes - Viernes 08:00 - 14:00

Encontros Virtuais da USC

Os Encontros Virtuais da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril, a través da Web da USC.



A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os Encontros Virtuais orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

Os Encontros Virtuais da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:

  •     Presentacións das titulacións
  •     Obradoiros, Retos, etc.
  •     Opinión de alumnos/as sobre a titulación
  •     Pílulas relacionadas coa titulación
  •     Concursos
  •     Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación

O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.

A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) quere ser unha Universidade centrada nas persoas e quere atender as súas inquedanzas, ás súas expectativas, ... e comezar con elas un proxecto vital.

Os Encontros son unha mostra máis dunha universidade que se abre á sociedade para prestarlle un mellor servizo , aínda mais nestes momentos difíciles polos que estamos a pasar, nos que máis que nunca debemos facer comunidade de aprendizaxe coa sociedade civil.



« Volver al listado
Divino Maestro 2024